Lugo oporase "ferozmente" a unha redución de titulacións no campus

A alcaldesa recorda que a universidade é "un motor fundamental para o desenvolvemento económico e social" da cidade

La alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. KIKO DELGADO
photo_camera A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. KIKO DELGADO

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asegurou este martes que o Concello se oporá "ferozmente" a calquera tipo de reestruturación do mapa universitario galego que supoña reducir o número de titulacións impartidas no Campus de Lugo. A rexedora fixo estas declaracións despois de que transcendese que a Consellería de Educación e as universidades galegas están a estudar unha reorganización do mapa de titulacións para racionalizar os recursos e evitar duplicidades, unha situación que provocou inquietude en relación co futuro de dous graos que se imparten na Escola Politécnica Superior e con respecto á de Química Industrial.

Méndez recordou que, "máis aló do plano meramente educativo", a universidade é tamén "un motor fundamental para o desenvolvemento económico e social" da propia cidade de Lugo, de modo que se a Xunta de Galicia pretende eliminar graos que se imparten no campus lucense, vaise a atopar enfronte" ao Concello, disposto a defender "ferozmente" a oferta educativa actual. De feito, a alcaldesa afirmou que "non ten sentido crear campus especializados", como o é o Campus Terra nos ámbitos agrogandeiro e forestal, para logo compartir precisamente ese tipo de titulacións con outros lugares.

A rexedora dixo que o Concello se oporá á supresión ou ao traslado de sede das titulacións universitarias que se imparten neste momento en Lugo, porque, recordou, o campus lucense xa sufriu "un recorte" no seu momento como consecuencia da crise e do descenso do número de alumnos.

Comentarios