Lugo, entre os municipios españois con menor taxa de paro

Oleiros, A Coruña e Santiago son os únicos concellos galegos no top 50 con máis renda de España 
Un obrero de la construcción. PIXABAY
photo_camera Un obreiro da construción. PIXABAY

Oleiros (posto 21), A Coruña (46) e Santiago (48) son os tres únicos municipios galegos no top 50 de España con maior renda anual por habitante, segundo figura nos Indicadores Urbanos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estadística (Ine). 

Pozuelo de Alarcón (28.326 euros) encabeza esta lista que emprega datos de 2018. Pola súa banda, Oleiros conta cunha renda anual por habitante de 16.170 euros, mentres A Coruña (14.106) e Compostela (13.950 euros) están a máis distancia. Ademais, ningún concello galego está no top 50 de menor renda. 

Ferrol é o concello con peor taxa de actividade do país

EMPREGO. Así mesmo, nesta estatística pódense observan diferentes indicadores. Por exemplo, entre os municipios con menor taxa de paro están Lugo (posto 13) e Santiago (14), que contan cun cociente do 10,1% e 11%, respectivamente. 

En cambio, Ferrol é o concello con peor taxa de actividade do país (do 49%). Tamén Ourense ocupa o noveno peor posto, co 51,4%. 

NATALIDADE. Pola súa banda, hai ata catro municipios galegos no top 15 de menor número medio de fillos por muller: Ourense (posto 9), Ferrol (11), Vigo (14) e A Coruña (15). Nos catro casos a media é pouco máis dun fillo.

ÁREAS METROPOLITANAS. Ademais, o Ine ofrece datos por áreas metropolitanas, máis aló de municipios. Deste xeito, a área da Coruña é a décima de España con maior renda (13.437 euros). 

Así mesmo, a área de Vigo é a sétima con maior proporción de emprego na industria, co 19,2%, mentres que a área de Ferrol ocupa o décimo posto (17,8%). 

Comentarios