Lugo mostra a súa repulsa polo crime contra Samuel

As localidades da provincia acolleron concentracións polo tráxico suceso
Concentración en Lugo. SEBAS SENANDE2
photo_camera Concentración en Lugo. SEBAS SENANDE

Os lucenses botáronse ás rúas na tarde deste luns para mostrar a súa repulsa ante a brutal agresión que acabou este sábado coa vida do mozo Samuel Luizde 24 anos na Coruña.

As primeiras hipóteses apuntan a que a agresión contra Samuel puido empezar por mor dun conflito cun teléfono móbil, e a Garda Civil e as indagacións céntranse nesta cuestión, non nunha violencia homofóbica que si aprecian os achegados do mozo.

En imaxes: A provincia pide xustiza para Samuel

Os investigadores están agora revisando os vídeos da malleira, segundo explicou o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, quen dixo: tras tomar declaración a todas "as testemuñas, saberemos se se trata dun crime homófobo ou non", como se denunciou nas redes sociais.

O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, confirmou tamén que aínda non se practicou ningunha detención, aínda que onte unha fonte policial informou erroneamente de 13 detidos, e recalcou que a Policía Nacional traballa "de forma exhaustiva para, na maior brevidade posible, esclarecer os feitos, saber cal é a natureza dos mesmos" e deter aos autores. 

Concentración en Foz. Vídeo: J. Mª ÁLVEZ

A CORUÑA. Miles de coruñeses concentráronse esta tarde na praza de María Pita para esixir "xustiza" pola malleira mortal que acabou coa vida do mozo.

Concentración na Coruña. EFE

ESPAÑA. Miles de persoas tamén saíron ás rúas e ás prazas de máis de 70 localidades de todo o Estado para reclamar "xustiza" para Samuel. 

Concentración en Madrid. EFE

Comentarios