Lugo Monumental súmase a dbarrio.com para fomentar o comercio online

A asociación busca que crezan as vendas dos negocios locais
ELP1101P6F1
photo_camera Luís Latorre, presidente de Lugo Monumental. ARQUIVO

O comercio local de Lugo terá proximamente unha nova plataforma para vender os seus produtos de forma online e con servizo a domicilio. Trátase de dbarrio.com, que entra en Lugo grazas ao traballo da asociación Lugo Monumental, en busca de incrementar así as vendas dos negocios locais que están pechados polas restricións do estado de alarma.

En declaracións a Europa Press, o fundador de dbarrio.com, Pablo Sánchez, sinalou que a plataforma é "unha web para comprar online e a domicilio", só con negocios do pequeno comercio, "os currantes de verdade", afirmou Sánchez.

O usuario poderá escoller o negocio "que máis se adapte ao que está a buscar e elixir ou ben recoller o pedido na tenda ou que un repartir autónomo lévello", comentou o fundador da iniciativa.

Vigo é unha das cidades onde esta web está a funcionar a pleno rendemento, con máis de trescentos establecementos e unha gran cantidade de pedidos diarios. "Están a superarse todas as expectativas na cidade olívica", destaca o responsable, que espera "seguir crecendo".

Tras as conversacións coa Asociación Lugo Monumental "haberá entre dez ou quince negocios que funcionen" con este sistema nuns días, comenta o responsable de dbarrio.com.

Comentarios