Lugo Monumental rompe o seu teito de asociados ao superar a centena

Luis Latorre. AEP
photo_camera Luís Latorre. AEP

O colectivo Lugo Monumental, que agrupa aos negocios do centro histórico da cidade, rompeu o que ata agora era o seu propio teito de asociados e, logo da incorporación dos comerciantes do Mercado de Quiroga Ballesteros, supera xa o centenar de firmas asociadas.

O presidente deste colectivo, Luís Latorre, destacaba a representatividade de Lugo Monumental, dado que coa incorporación desa decena de comerciantes, supera o centenar de asociados, "co que tendo en conta que o seu ámbito de actuación é o espazo amurallado -dentro da Muralla romana-, podemos dicir que ten unha máis que notable implantación".

Coas novas incorporacións, o número de socios é de 102, precisou Latorre, quen tamén quixo matizar que se trata dunha "listaxe plenamente actualizada", de modo que todos os negocios adscritos están nestes momentos desenvolvendo a súa actividade.

Para pertencer a Lugo Monumental, os socios só teñen que pagar unha cota de 50 euros ao ano, fondos que son destinados ao sostemento da propia entidade -que non conta con oficinas nin persoal propio- e á realización de actividades de dinamización do centro histórico.

"Esta fórmula está a funcionar e permitiu que en menos de dous anos case se duplicou o número de socios", precisa Latorre.

Comentarios