Lugo Monumental aposta por ampliar as terrazas dos bares e sacar o comercio á rúa

A asociación alega que "non hai que falar de aforamento", como di o Goberno, se non de distancia "de seguridade"
Luis Latorre, presidente de Lugo Monumental. EP
photo_camera Luís Latorre, presidente de Lugo Monumental. EP

Lugo Monumental propuxo ao Concello planificar diferentes medidas para o descofinamento, entre as que se atopan a ampliación temporal do espazo para as terrazas da hostalería ou sacar o comercio á rúa. O presidente da asociación, Luís Latorre, explicou que "deberían ampliarse as terrazas para a hostalería" aínda que fose de forma "temporal".

O responsable de Lugo Monumental aclara que "non hai que falar de aforamento", como di o Goberno, se non de "distancia de seguridade" e é por iso que Latorre pide ao Concello "que amplíen na medida do posible o espazo das terrazas para os hostaleiros". 

En canto ás medidas destacadas que propón o colectivo para abordar o ámbito comercial, Latorre afirma que "os comercios deberían de poder usar a vía publica na medida do posible", sobre todo para "reactivar a economía local". Poder pór "casetas na rúa ou zonas publicitarias" serían unhas boas medidas para os comercios lucenses, segundo o presidente de Lugo Monumental. 

A asociación tamén pide que se peonalicen rúas" e que se eliminen carrís para os coches "en beneficio da xente que poida andar pola rúa con máis espazo". O importante agora segundo Latorre é "manter as distancias de seguridade", finalizou. 

Comentarios