Lugo mobilízase contra as violencias machistas

Os manifestantes pediron xustiza no caso da manada de Manresa e mostraron o seu apoio a todas as vítimas de abusos e violencia machista

Manifestación contra as violencias machistas en la Praza Maior de Lugo. SEBAS SENANDE
photo_camera Manifestación contra as violencias machistas en la Praza Maior de Lugo. SEBAS SENANDE

A Praza Maior de Lugo acolleu este luns unha mobilización en apoio á vítima da Manada de Manresa. Decenas de persoas congregáronse ás portas do Concello para condenar as violencias machistas nunha xornada na que houbo concentracións en multitude de puntos ó longo de toda España.

En Lugo, os manifestantes pediron xustiza no caso e mostraron o seu apoio a todas as vítimas de abusos e violencia machista. 

Concentración en Lugo para pedir xustiza no caso da Manada de Manresa. SEBAS SENANDE

Co lema 'Únete contra la jauría', o movimento feminista convocou concentracións ante os concellos españois para rexeitar a calificación de abuso sexual que sostén a Fiscalía e reclamar que os acusados sexan xulgados por violación múltiple.

En Cataluña, entidades feministas e municipalistas, concellos e partidos sumáronse ás concentracións, na maioría das cales se leu un manifiesto de rexeitamento á agresión na que se sinala que nunhas relacións sexuais "o consentimento debe ser libre, mutuo, claro, entusiasta e desexado".