Lugo Máxico fai unha aposta polos magos galegos e galas a 3 euros

Mag Lari pechará o 7 no Auditorio a cita, con eventos no MIHL, o cárcere e a Praza
Presentación de Lugo Máxico. EP
photo_camera Presentación de Lugo Máxico. EP

Lugo vivirá do 2 ao 7 de novembro unha nova edición de Lugo Máxico. Trátase dunha cita condicionada pola pandemia e na que o groso do protagonismo recaerá en magos galegos. O catalán Mag Lari pechará a cita.

Haberá un total de 31 actuacións para público familiar, das que vinte e sete serán gratuítas e catro de pago.

Haberá dúas galas de magos galegos, cun representante por provincia. Así actuarán o lucense Meigo Rafa, o pontevedrés Mago Paco, o coruñes Mago Dani e o ourensán Mago Teto. Serán os días 2 e 3 de novembro, no Auditorio, ás 18.00 horas.

As entradas están xa á venda na entradaslugo.es o prezo simbólico de tres euros. O aforamento redúcese considerablemente polo covid e será cada día de tan só 60 persoas.

Tres euros custará tamén a entrada á gala que pechará a Semana dá Maxia de Lugo e que correrá, o día 7, a cargo de Mag Lari, un mago de renome internacional que xa actuou con moito éxito en citas anteriores en Lugo. Debido ao reducido do aforamento haberá dous pases, ás 18.00 e ás 21.00 horas no Auditorio.

O resto de espectáculos serán gratuítos e sen necesidade de entrada. Haberá funcións no MIHL, O Vello Cárcere e a Praza de Abastos, con pases ás 17.00, as 18.30 e as 20.00 horas. Con eses tres pases diarios en cada un dos escenarios, de 45 minutos de duración, búscase que o público poida asistir e á vez non haxa nunca aglomeracións.

Neses pases o protagonismo recaerá tamén en magos galegos, coa excepción dos arxentinos Carlos Adriano, Christian Miró e o madrileño Arturo el Grande.

A edil de cultura, Maite Ferreiro, sostivo onte na presentación que a cita coa maxia será un evento de primeiro nivel a pesar das circunstancias excepcionais.

Comentarios