Lugo estreará a capitalidade cultural do Eixo Atlántico o 23 de febreiro

Un programa de actos que se estenderá ao longo de todo o ano, con actividades novas e outras xa consolidadas, buscará reforzar a imaxe da cidade en Galicia e o norte de Portugal

20221128_lara_02
photo_camera Reunión este lunes en Santiago de la comisión ejecutiva del Eixo Atlántico. PEPE FERRÍN

Lugo estrearase como capital cultural europea do Eixo Atlántico<> o 23 de febreiro. A capitalidade cultural de Lugo para 2023 aprobouse o pasado abril e entón fixouse a idea de inaugurar o novo auditorio aproveitando a estrea dunha campaña cultural que busca reforzar a imaxe da cidade cun programa que incluirá algúns actos novos e outros xa consolidados no calendario lucense.

Así, no programa xa preestablecido figura a idea de celebrar en marzo a Mostra de Teatro Clásico, co I Encontro Teatral Clásico Universitario Eixo Atlántico, e o Lugo Festival Urban, co que se propón redescubrir a cidade a través de actividades artísticas nas rúas, como grafiti, fotografía e muralismo.

En abril prevese unha exposición sobre a Semana Santa nas cidades do Eixo. Tamén se celebrará a segunda edición dos Premios Connexio. En colaboración co Obispado, recoñeceranse intervencións de arte contemporáneo nas igrexas situadas o pé do Camiño.

Para maio programaranse actos en torno ao Arde Lucus e abordarase a creación do anunciado  circuíto cultural romano galaico-portugués, que aspira a ser o segundo itinerario máis importante do noroeste. 

En xuño celebrarase o Arde Lucus, co irmandamento de cidades romano-castrexas de Galicia e Portugal; o Festival de Música do Corpus e un evento novo, De perdidos, ao Miño, para fomentar a diversidade e a inclusión con música, talleres e mesas redondas. 

En xullo, os concertos levarán á beira do ponte da Chanca, que cumpriu 150 anos. En agosto, se becará a tres novos artistas con tres meses no coliving do Carme que se executará nos próximos meses. Setembro será o mes do circo, do concurso de tapas e do Caudal Fest, e outubro, o do San Froilán e a Semana Internacional de Maxia. A programación terminará en novembro co Festival de Jazz, o ciclo Abrandares de Cine e un acto de clausura que coincidirá co aniversario da muralla como Patrimonio da Humanidade. 
 

Lugo acollerá a asemblea xeral do ente transfronteirizo
A asemblea xeral do Eixo Atlántico, que preside Lara Méndez, celebrarase en Lugo o día 24 de febreiro, coincidindo coa inauguración a noite anterior da capitalidade cultural.

Na reunión deste luns en Santiago, Méndez, presentou o informe das accións desenvolvidas polo Eixo Atlántico en nbsp;2022 &e  a proposta de programa e orzamento que levará á Asemblea Xeral para a súa aprobación definitiva.

Acordouse tamén a fusión de dúas comisións para crear unha comisión política de innovación social.

Anunciouse, así mesmo, unha xornada de política urbana europea que se celebrará o 10 de marzo en Viana do Castelo e celebrar en Valongo un seminario de intercambio de experiencias no ámbito da sustentabilidade urbana.
 

Comentarios