Lugo espera ter sete aparcadoiros "disuasorios" en 2019

A idea do goberno local é completar os trámites administrativos, incluída a adxudicación das obras nun único contrato, en dous meses

A cidade de Lugo contará "a principios do próximo ano" con sete novos aparcadoiros "disuasorios" distribuídos polo centro urbano da cidade, segundo informou a alcaldesa, Lara Méndez. A rexedora sinalou que esas novas áreas de estacionamento, xa proxectadas, permitirán a creación de 203 novas prazas que, unidas ás creadas na contorna do Hula, sumarán case 800 neste mandato.

Lara Méndez presentou este luns os proxectos dos sete aparcadoiros disuasorios cuxa aprobación irá esta semana á xunta de goberno, nas rúas Manuel Portela, Rúa do Buxo, Reverendo Xosé Fernández Núñez, Pedro González, Jacinto Calvo, Novo Freire y Paradai de Arriba, cunha superficie ocupada que supera os 6.000 metros cadrados e un investimento de 350.000 euros.

En rolda de prensa, a alcaldesa precisou que a idea do goberno local é completar os trámites administrativos, incluída a adxudicación das obras nun único contrato, no prazo de dous meses. Unha vez adxudicadas as obras, a rexedora local confirmou que o prazo de execución dos traballos será de cinco meses, de modo que se non xorden complicacións de carácter técnico, os aparcadoiros teñen que estar listos "a principios do próximo ano".

Comentarios