Martes. 25.09.2018 |
El tiempo
Martes. 25.09.2018
El tiempo

Lugo espera acoller máis de 500.000 visitantes durante o Arde Lucus

Prepararación do Arde Lucus. VITORIA RORÍGUEZ
Prepararación do Arde Lucus. VITORIA RORÍGUEZ

A edil de Turismo do Concello de Lugo, Carmen Basadre, recordou que hai máis de 350 actividades programadas para toda a fin de semana

A edil de Turismo do Concello de Lugo, Carmen Basadre, asegurou que máis de 500.000 persoas visitarán a cidade durante as celebracións do Arde Lucus.

A concelleira explicou que son 17 as edicións desta Festa de Interese Turístico Galego e Nacional, con máis de 350 actividades programadas para toda a fin de semana.

O Concello espera superar os 450.000 visitantes rexistrados en 2017 xa que, como indicou Carmen Basadre, este ano prevese a participación de máis "asociacións de fóra". "Vaise xuntar máis xente que todos estes últimos anos", indicou.

Ademais, o tempo pode axudar a unha maior afluencia, tendo en conta que a previsión meteorolóxica dá un bo prognóstico para os días 15, 16 e 17 de xuño.

AGRESIÓNS SEXISTAS. En concreto, son 17 as asociacións, vinculadas coa recreación romana e castrexa, as que participarán deste Arde Lucus, que ademais incorpora a lema "non é non" contra as agresións sexistas, unha iniciativa na que tamén colabora a Deputación de Lugo.

Precisamente, con motivo desta campaña, a deputada de Benestar da Deputación de Lugo, Sonsoles López, explicou que se repartiron carteis coa lema "non é non" nos locais comerciais e hostaleiros da cidade, que servirán de zonas "refuxio" no caso de que alguén se sinta agredido.

Ademais, repartíronse "chapas" para concienciar contra as agresións sexistas. "Queremos deixar claro que Lugo é unha cidade que ten clara cal é a súa posición", esgrimiu.

Lugo espera acoller máis de 500.000 visitantes durante o Arde Lucus
Comentarios