sábado. 29.01.2022 |
El tiempo
sábado. 29.01.2022
El tiempo

Lugo disporá de aparcadoiros disuasorios para compensar as prazas eliminadas co carril bici

Lara Méndez. ADRA PALLÓN
Lara Méndez. MARÍA G MORADO
Lara Méndez aproveitou para "agradecer o comportamento da inmensa maioría" dos veciños durante as festas de San Froilán

O Concello de Lugo licitará este mércores en xunta de goberno aparcadoiros disuasorios para compensar as prazas que se verán restrinxidas pola creación dun carril bici, que contará cun itinerario de 14 quilómetros pola cidade.

Diso informou en rolda de prensa este martes a rexedora da cidade, Lara Méndez, quen explicou que se habilitarán, en principio, dúas zonas para estacionamentos, no barrio da Residencia, en Trapero Pardo, e tamén "na contorna do Castiñeiro e Lamas de Prado".

Deste xeito, disporanse dunhas 69 prazas para "facilitar os aparcadoiros" e constituír unha "alternativa" para os veciños do barrio da Residencia e do Castiñeiro". "Ambas as parcelas están a día de hoxe sen uso, e os traballos son; pavimentación do chan, instalación dun novo sistema de drenaxe para evitar así a formación de charcos, a renovación de iluminación e instalación de sinalización tanto vertical como horizontal", concretou.

A alcaldesa tamén avanzou que en20 días comezarán as obras do carril bici, cun prazo de execución de seis meses. No caso dos aparcadoiros, que se sufragan con máis de 208.000, os traballos adxudicaranse este martes na xunta de goberno e o prazo de execución será de dez semanas.

SAN FROILÁN. Polo demais, Lara Méndez aproveitou para "agradecer o comportamento da inmensa maioría" dos veciños durante as festas de San Froilán, que se celebraron do catro ao doce de outubro.

Na súa intervención, recoñeceu que "foi un San Froilán bastante atípico, distinto, diferente" e volveu a pór en valor o traballo á concellaría de cultura e de todo o persoal que estivo a traballar na programación" para que as festas desenvolvésense "coa máxima normalidade".

Tamén presumiu de que todos os concertos "levaron a cabo desde  máxima seguridade e sempre baixo os protocolos ditados polas autoridades sanitarias".

Lugo disporá de aparcadoiros disuasorios para compensar as prazas...
comentarios