Lugo, entre as dez cidades máis 'dog-friendly' de España

No ranking das dez urbes amigables cos canes sitúanse tamén A Coruña, Vigo e Santiago
Paseando con perros en la muralla. ALBA REGUEIRO
photo_camera Paseando con cans por Lugo. AEP

Lugo sitúase entre as dez cidades españolas con máis alternativas para que os amantes dos animais poidan viaxar e gozar da compañía do mellor amigo do home. Un estudo elaborado polo buscador de alugueres vacacionais Holidu e a guía para donos de cans urbanos SrPerro.com revela que Galicia cumpre cos requisitos para converterse en destino preferente dos propietarios de cans, ao incluír cuatro urbes galegas no Top 10 das máis dog-friendly de España: A Coruña, Vigo, Lugo e Santiago. 

"Miles de persoas non conciben planear unha escapada de fin de semana ou unhas vacacións se non pode ser en compañía da súa can", expoñen os elaboradores do informe, que consideran que "os cans e os seus humanos gozarán igualmente descubrindo as espectaculares rutas naturais que rodean" a capital lucense. Respecto diso, sinalan que a oferta de aloxamentos para familias que viaxan acompañadas polas súas mascotas é "interesante" porque  o 31% do total aceptan animais.

"Aínda que na propia cidade é reducido o número de establecementos amigos dos canes (un establecemento por cada 8.909 habitantes), ao seu favor cabe destacar que cerca é posible apuntarse a orixinais plans dog friendly como os que organiza Perriturismo.com: desde catas en adegas a periplos en catamarán polo Sil ou rutas de sendeirismo pola Ribeira Sacra", apuntan no comunicador remitido aos medios.

En Lugo hai un establecemento que admite mascotas por cada 8.909 habitantes

O estudo analiza en profundidade a oferta turística e de lecer dispoñible en 56 cidades españolas, tendo en conta factores como o volume de apartamentos turísticos que elixen admitir cans, o número de establecementos onde son benvidos, así como as clínicas veterinarias e os metros cadrados de zonas verdes. A maior puntuación obtéñena Ponferrada, Logroño, Xixón e León, pero en quinto lugar sitúase xa unha galega: A Coruña, que ofrece agradables zonas verdes aptas para ir con can, como o Parque de Bens coa súa gran área canina. Ademais, destacan que se pode gozar de paseos pola praia de Riazor fóra de tempada de baños e, no verán, contar coa próxima praia de Ares. Asímismo, os cans son benvidos nun número considerable de bares e tendas (hai un establecemento dog-friendly cada 2.625 habitantes) e en máis do 24% dos aloxamentos.

O sexto lugar no ranking nacional ocúpao Vigo, a cidade na que vive o maior número de cans da comunidade. A porcentaxe de establecementos pet friendly na cidade olívica é "considerable", sobre todo no centro (un por cada 3.329 habitantes) e en canto aos aloxamentos, máis do 24% do total son aptos para familias con can. Ademais, o Concello habilitou dúas praias caninas para gozalas no verán.

A continuación, Lugo ostenta a sétima posición, seguida de Oviedo, Santiago de Compostela e Barcelona.

Para realizar o estudo combináronse os datos de aloxamentos dog-friendly de Holidu con datos de establecementos abertos ás mascotas  de Sr. Perro, datos de clínicas veterinarias de Google, os datos de zonas verdes e o número de cans censados en cada cidade a data do 15 de novembro de 2019.

Comentarios