O Hula cambia a localización de urxencias pediátricas para atender a enfermos

Para evitar confusións, a entrada ao novo espazo habilitado xa foi "debidamente sinalizada"
El servicio de Urgencias del Hula. FROILÁN CALDERÓN
photo_camera O servizo de Urxencias do Hula. FROILÁN CALDERÓN

O Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula) informou de que, a partir deste xoves, cambia a localización do Servizo de Urxencias de Pediatría, co obxectivo de habilitar "espazos máis amplos" para as urxencias de carácter xeral e "separar totalmente" a asistencia aos pacientes adultos da atención á poboación infantil mentres dure a pandemia do Covid-19.

A dirección do centro hospitalario precisa que esta medida estará en vigor a partir das 15:00 horas deste xoves, así como que ten carácter temporal, só mentres dure a pandemia do coronavirus.

A nova localización do Servizo de Urxencias de Pediatría está próxima á actual, tamén na primeira planta do Hula, pero agora está emprazada na "zona contigua á área de extracción para analíticas e de radioloxía", onde se habilitaron espazos adecuados para a atención urxente á poboación infantil.

Para evitar confusións, a entrada á nova localización do Servizo de Urxencias de Pediatría xa foi "debidamente sinalizada" e o persoal do hospital orientará e informará os usuarios.

Os profesionais sanitarios disporán de espazos máis amplos e separados para atender de forma "independente a pacientes con patoloxía respiratoria e sospechos de Covid-19"

Dispón dunha entrada propia e a nova área de Urxencias de Pediatría terá tamén unha zona de admisión propia, de modo que queda "totalmente independizada" da zona de urxencias para pacientes adultos.

Así, engade a dirección do hospital, os profesionais sanitarios disporán de espazos máis amplos e separados para atender de forma "independente a pacientes con patoloxía respiratoria e sospechos de Covid-19", co a estrutural do centro adiántase a un posible incremento da demanda de atención nese servizo hospitalario"

Comentarios