Lugo concederá a Medalla de Ouro ós alcaldes da democracia

O pleno quere recoñecer o labor dos alcaldes que estiveron á fronte do Concello
Novo Freire, Quiroga, Notario Vacas, García Díez y López Orozco. ARCHIVO
photo_camera Lara Méndez. ARQUIVO

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, convocou aos demais grupos políticos a unha xunta de portavoces que se celebrou esta mañá de venres, unha reunión extraordinaria na que lles propuxo aos representantes dos demais partidos homenaxear a todos os alcaldes do período democrático coa concesión da Medalla de Ouro da cidade. 

"Este ano, no que celebramos o corenta aniversario da chegada da democracia ao noso país, o pleno do Concello de Lugo quere recoñecer o labor dos alcaldes que estiveron á fronte do Concello desde que en abril de 1979 os votos dos e das lucenses impulsaron unha nova etapa de apertura, liberdade e modernización", dixo a alcaldesa. 

Por iso, solicitará no próximo pleno que todas as forzas políticas con representación adopten un acordo por unanimidade para conceder a Medalla de Ouro da cidade aos alcaldes Xosé Novo Freire, Vicente Quiroga, Tomás Notario, Joaquín García Díez e José López Orozco. 

Esa proposta xa foi aceptada por unanimidade na propia xunta de portavoces.

Comentarios