Lugo acolle a 59ª edición de Exfilna, a exposición nacional de filatelia

O evento foi presentado no salón de plenos do Concello de Lugo
photo_camera Presentación de la 59ª edición de Exfilna en el salón de plenos del Ayuntamiento de Lugo. XESÚS PONTE

Lugo acolle desde este xoves e ata o vindeiro domingo a 59ª edición de Exfilna, a exposición nacional de filatelia que reúne na cidade da muralla aos máis relevantes coleccionistas do sector.

O evento foi presentado no salón de plenos do Concello de Lugo pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o presidente da Deputación, José Tomé, Luis Latorre, presidente da Sociedade Filatélica Lucense, así como por representantes de Correos e da Sociedade Filatélica Nacional. O acto conta cunha gran repercusión internacional, polo que a rolda de prensa foi retransmitida vía streaming en todo o continente europeo e Sudamérica.

A exposición contará con tres sedes en Lugo. A primeira delas está situada na Praza de Santa, a segunda no Círculo das Artes, e a terceira sitúase na Deputación Provincial. A entrada é gratuíta e o horario de visita é das 10.00 a 14.00 horas e pola tarde de 17.00 a 20.00 horas.

A repercusión deste evento filatélico fixo posible que os establecementos hostaleiros da cidade, así como os restaurantes colguen o cartel de completos durante os 4 días de exposición.

Comentarios