Lunes. 22.10.2018 |
El tiempo
Lunes. 22.10.2018
El tiempo

Os lucenses poden retratarse este venres na caseta de El Progreso na Praza Maior

A caseta de El Progreso na Praza Maior. VITORIA RODRÍGUEZ
A caseta de El Progreso na Praza Maior. VITORIA RODRÍGUEZ

A caseta de "San Froilán, A festa máis xeitosa do mundo" abre este venres, última xornada oficial das festas da capital lucense

El Progreso, que conmemora os seus 110 anos, ofrece este venres a posibilidade aos cidadáns que estean interesados de levar un retrato con elementos identificativos do xornal e de Lugo. O punto de encontro é a carpa da Praza Maior, á beira do consistorio.

A caseta de "San Froilán, A festa máis xeitosa do mundo" abre este venres, última xornada oficial das festas da capital lucense, de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00. Xa estivo aberto entre os días 5 e 7, datas nas que centos de persoas non se quixeron perder esta oportunidade.

As persoas que acoden a esta carpa pódense retratar de forma individual, por parellas ou en grupo e poden elixir carteis con diferentes lemas, como "San Froilán..., que bonito é", "Vémonos en Lugo, San Froilán 2019", "Lugo: quérote... Non é por un chisco, é para sempre" ou "Lugo: namórasme!".

Na caseta facilítanlles unha postal coa súa foto e a lema elixido para que lla envíen a quen desexen ou a garden de recordo.

Esta iniciativa de El Progreso conta coa colaboración da Deputación Provincial, o Concello de Lugo, Caixa Rural Galega e o centro comercial As Termas.

AGASALLO. El Progreso, xunto a Cemento Cosmos e Vrio Pack, obsequiará este venres aos seus lectores cunha bolsa de papel reutilizable, reciclable e biodegradable, coa lema "Nasti de plasti. ¡Menos plástico máis vida!". A pretensión é colaborar en que o papel lle vaia gañando terreo ao plástico na vida cotiá.

Os lucenses poden retratarse este venres na caseta de El Progreso...
Comentarios