Os lucenses adáptanse ás restricións e as zonas de viños anímanse pola mañá

Houbo ambiente na rúa da Cruz e na Praza do Campo
Ambiente este fin de semana en la Rúa Nova. SEBAS SENANDE
photo_camera Ambiente este fin de semana na Rúa Nova. SEBAS SENANDE

Os lucenses adaptaron o lecer na rúa ás novas restricións pola pandemia e as zonas de viños pasaron a estar especialmente animadas pola mañá, dado que os establecementos pechan agora a atención ao público ás 18 horas.

Esa animación viuse, por exemplo, na zona de viños do centro da cidade, sobre todo na rúa da Cruz e na Praza do Campo, que este domingo bulían de actividade ao mediodía. Como contraste, apenas había xente na Rúa Nova, dado que alí hai bastantes establecementos pechados neste momento.

Aínda que as zonas de viños teñan animación ao mediodía durante a fin de semana, ese feito non tranquiliza aos hostaleiros, moi preocupados polo impacto que ten pechar os negocios ás seis da tarde.

Ademais, sinalan algúns, durante a semana as saídas lúdicas durante o horario de mañá redúcese moito, xa que durante as xornadas laborais o tempo de lecer é moito máis escaso e case nulo pola mañá.

Comentarios