Unha lucense mellora a vista de máis de mil senegaleses

A optometrista participou nun proxecto solidario de Multiópticas

La lucense Sonia Ribadulla gradúa la vista de un senegalés. EP
photo_camera A lucense Sonia Ribadulla gradúa a vista dun senegalés. EP

A óptica lucense Sonia Ribadulla, con só 28 anos, axudou a proporcionar saúde ocular por centos de senegales da pequena vila de Yoff-Tonghor a través dun proxecto da Fundación Multiópticas e Solidariedade Galega.

Volveu o pasado domingo e aínda está a aterrar tras dúas semanas moi frenéticas de traballo das que está máis que satisfeita. Todos os días Ribadulla e os seus compañeiros -outro optometristra e dúas oftalmólogas- atendían a máis dun centenar de persoas, ás veces ata 188 nun día, nun horario que comezaba co primeiro canto do galo e terminaba coa posta de sol.

"Queres atender a todo o mundo posible", explica a lucense. O equipo graduaba, buscaba enfermidades oculares como glaucomas e prescribía lentes para persoas con presbicia e outras afeccións. As 3.700 lentes que traían de España non tardaron nada en esgotarse, xa que os locais non podían acudir á sanidade polo seu elevado prezo.

A experiencia significou un antes e un despois da lucense, que ademais aprendeu a defenderse en wólof -a lingua local- para graduar a vista. Da súa experiencia trae as gañas de volver a un proxecto similar no futuro próximo.

Comentarios