A lucense Érika Reija, premiada polo Club Internacional de Prensa

Foi recoñecida como mellor correspondente no estranxeiro polas súas "crónicas directas e comprometidas" que achegan á realidade "do convulso mundo actual"

Erika Reija. EP
photo_camera Érika Reija. EP

A xornalista lucense Érika Reija, correspondente de TVE en Moscova, foi galardoada co Premio de Xornalismo Internacional do Club Internacional de Prensa. A xornalista foi recoñecida como mellor correspondente no estranxeiro polas súas coberturas internacionais e as súas "crónicas directas e comprometidas" que achegan á realidade "do convulso mundo actual". Ademais, a Asociación de Xornalistas e Escritores Árabes en España galardoou ao programa En Portada, dirixido por José Antonio Guardiola.

O acto de entrega dos premios celebrarase o próximo 19 de xuño na Casa de América de Madrid. O Club Internacional da Prensa anunciou tamén o resto de galardóns desta edición: o escritor Antonio Muñoz Molina, o portugués Manuel Pereira, como mellor correspondente no noso país, o grupo chinés Ouhua e Matías Prats, pola súa traxectoria profesional.

Comentarios