Love of Lesbian e Nathy Peluso encabezan un cartel de luxo para o Caudal Fest

Lugo acollerá unha nova edición do festival do 16 ao 18 de setembro con aforamento para 2.500 persoas
Presentación del Caudal Fest. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Presentación del Caudal Fest. VICTORIA RODRÍGUEZ

[AVANCE] Love of Lesbian, Nathy Peluso, La M.O.D.A., Iván Ferreiro, Bad Gyal, Toundra, Kutxi Romeu ou Ladilla Rusa son algúns dos grupos que conforman o cartel da nova edición do Caudal Fest que acollerá Lugo do 16 ao 18 de setembro.

A cita, presentada oficialmente este venres en Lugo nun acto que encabezou a alcaldesa, Lara Méndez, terá lugar no xardín do Pazo de Feiras e Congresos e o aforamento será de 2.500 persoas sentadas debido ás restricións derivadas da situación sanitaria.

As entradas sairán á venda o 13 de agosto e o abono custará 39 euros cada día. 

Comentarios