domingo. 05.07.2020 |
El tiempo
domingo. 05.07.2020
El tiempo

Localizan a unha muller maior en plena rúa de madrugada e desorientada

Ronda das Fontiñas. GOOGLE MAPS
Ronda das Fontiñas. GOOGLE MAPS

Axentes da Policía Local localizaron ás 4.00 da madrugada do venres a unha muller de idade avanzada nas Fontiñas, sentada diante do portal dun edificio, con signos de atoparse totalmente desorientada.

Segundo explicou a Policía Local, a muller díxolles aos axentes que estaba alí esperando a que abrise a barbería para arranxarse o pelo. Finalmente, os axentes conseguiron pescudar o domicilio de muller e acompañárona ata alí, onde a deixaron ao coidado do seu fillo.

Localizan a unha muller maior en plena rúa de madrugada e desorientada
comentarios