Localizados dous mozos reincidentes que roubaron diñeiro a outro menor

Xa foron detidos a semana pasada por uns feitos similares

Dous mozos, un deles menor de idade, foron identificados pola Policía Nacional porque no pasado mes de agosto presuntamente intimidaron a un adolescente para quitarlle o diñeiro que levaba encima, cando se atopaba no parque Rosalía de Castro.

Ambos os mozos son reincidentes. Xa foron detidos a semana pasada por uns feitos similares.

O que non cumpriu a maioría de idade está actualmente ingresado nun centro de menores polas causas que ten pendentes.

A Policía Nacional deu conta dos feitos tanto ao xulgado de garda como á Fiscalía de Menores.