Dous locais de hostalería son multados por non cumprir as normas do covid

Un dos establecementos que non cumpría a normativa está situado na Rúa Otero Besteiro e o outro atópase na rúa Reverendo Núñez Fernández
Avenida Reverendo Xosé Fernández Núñez. GOOGLE MAPS
photo_camera Avenida Reverendo Xosé Fernández Núñez. GOOGLE MAPS

No marco dos controis que está a levar a cabo a Policía Local de Lugo para velar polo cumprimento das restricións derivadas do covid-19, os axentes volveron realizar varias inspeccións en bares e restaurantes o pasado martes, que se saldaron con dous locais sancionados. Un dos establecementos de hostalería que non cumpría a normativa está situado na Rúa Otero Besteiro, mentres que o outro se atopa na cale Reverendo Núñez Fernández.

Nos días anteriores, os axentes inspeccionaron outros oito locais en varios puntos da cidade e comprobaron que todos eles cumprían a normativa relativa á cartelería obrigatoria, o aforamento permitido ou a distancia de seguridade interpersoal, entre outras medidas, polo que non impuxeron ningunha sanción.

A Policía Local realiza estas inspeccións de forma aleatoria e tamén naqueles establecementos dos que reciben algún tipo de queixa. No transcurso dos controis vixían o cumprimento vixían a conduta dos hostaleiros e tamén a dos clientes, para comprobar se se axusta ás restricións vixentes en cada momento.

Comentarios