A choiva propiciou sinistros en Lugo e a Volta da Viña volveu ser punto negro

Un ciclista foi atendido tras unha colisión cun vehículo na N-640
Un accidente en Volta da Viña. EP
photo_camera Un accidente en Volta da Viña. EP

A aparición da choiva deu lugar este domingo a algúns sinistros en Lugo e a Volta da Viña, un lugar conflitivo cando chove, volveu ser escenario dalgún sinistro que obrigou á Policía Local a intervir na zona para controlar a seguridade.

Por outra banda, un ciclista foi atendido tras un accidente rexistrado ás 12.35 horas, á altura do quilómetro 89.500, da estrada N-640, en Lugo.

O sinistro foi consecuencia da colisión lateral entre un turismo e o ciclista, que caeu ao chan como consecuencia do impacto.

Este domingo tamén se produciu un aparatoso accidente na Avenida da Coruña, no que resultou ferida unha condutora de 84 anos.

E tamén na xornada dominical un home acabou co seu coche no río Miño, onde se meteu voluntariamente, aínda que, unha vez en auga, decidiu saír e irse á súa casa.

Comentarios