miércoles. 21.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 21.10.2020
El tiempo

Lixo e restos procedentes da rede de augas fecais alagan o leito do río Rato

Lixo no Intre. EP
Lixo no Intre. EP

A canle do río Rato presenta estes días un estado lamentable e permanece cuberto de lixo, como restos de toallitas, e residuos procedentes supostamente dalgunha fuga na rede de augas fecais da cidade.

Os usuarios do parque critican a situación e non deixan de observar que o estado do río supón un problema sanitario. Sinalan que, probablemente, os residuos sexan froito dalgunha vertedura rexistrada durante a tormenta que sufriu a cidade a semana pasada, pero chaman a atención sobre o feito de que varios días despois o lixo segue alí.

O rede de sumidoiros desbordouse como consecuencia da tormenta en varios puntos da cidade e iso deu lugar a verteduras.

Lixo e restos procedentes da rede de augas fecais alagan o leito do...
comentarios