A limpeza reforzarase en Lugo ata a nova concesión

Méndez di que se manterán as actuais campañas por barrios
Inicio del plan de limpieza de A Milagrosa. EP
photo_camera Inicio del plan de limpieza de A Milagrosa. EP

As campañas intensivas de limpeza en barrios da cidade manteranse ata que se adxudique o novo contrato para o servizo de limpeza e recollida de lixo. A alcaldesa, Lara Méndez, fixo ese anuncio este luns na Milagrosa, onde comezou unha nova campaña de aseo urbano.

A actuación na Milagrosa arrincou en Agro do Rolo e prolongarase entre unha semana e dez días. Despois, os equipos empezarán a actuar na Cheda.

Eses reforzos do servizo de limpeza están a levarse a cabo desde hai meses en todos os barrios da cidade, coa participación de traballadores das empresas de limpeza, mantemento de zonas verdes e mantemento dos parques infantís. Trátase de traballos complementarios aos programados a diario para cada barrio, recordou Méndez nunha comparecencia xunto ao concelleiro de medio ambiente, Miguel Fernández.

Méndez recordou que o goberno local está á espera da renovar o contrato do servizo de limpeza, que leva caducado desde 2017 que xa non dá resposta ás necesidades actuais e futuras da cidade, remarcou.

O Concello ten preseleccionadas dúas empresas como finalistas para facerse co novo contrato da limpeza, que terá unha vixencia de dez anos e un custo anual duns 13 millóns de euros.

O goberno decidiu recentemente recorrer á Xustiza o informe do Tacgal lle instaba a readmitir no proceso a unha terceira empresa.

Comentarios