Licitan a construción dun edificio para recuperar exemplares de oso pardo en Lugo

O inmoble situarase no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Veral

Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de O Veral. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Veral. VITORIA RODRÍGUEZ

A Xunta publicou este venres na plataforma pública de Contratos de Galicia a licitación da obra de construción dun edificio dedicado ao manexo e á recuperación de exemplares de oso pardo na provincia de Lugo. 

En concreto, a licitación desta obra corre a cargo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e conta cun orzamento de 92.457 euros. 

O que se licita é a construción dun edificio específico para recuperar exemplares de oso pardo no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Veral, no municipio de Lugo, un proxecto que está cofinanciado ao 75% con fondos europeos, con cargo ao Programa Life-Proxecto Ouso Courel. 

O prazo de execución das obras é de 3 meses. 

As empresas interesadas en facerse con ese contrato teñen de prazo ata o día 30 de maio para presentar as súas ofertas. 
 

Comentarios