Licitada por máis de 140.000 euros a restauración do cubo XXXI da Muralla

Balseiro indica que só falta por fomalizar o contrato para que dean inicio as obras
Vista aérea del cubo XXXI de la muralla de Lugo. EP
photo_camera Vista aérea do cubo XXXI da muralla de Lugo. EP

A Consellería de Cultura e Turismo publicou no perfil de Contratos de Galicia a adxudicación, por un importe de strong <>142.000 euros, da obra de restauración do cubo XXXI da Muralla romana de Lugo, á altura da rúa Clérigos.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, indicou que agora só resta formalizar o citado contrato para o inicio dunhas obras de restauración que teñen un prazo de execución de dous meses e que servirán para mellorar a conservación do monumento, declarado Patrimonio da Humanidade.

José Manuel Balseiro
"A escavación permitirá restaurar, documentar e protexer a escaleira, así como impermeabilizar a estrutura do cubo con distintas capas de recheo"

Tamén explicou que estes traballos perseguen un dobre obxectivo, por unha banda servirán para corrixir unha serie de patoloxías detectadas nas estruturas do cubo, como as filtracións de auga e, polo outra, permitirán seguir profundando na investigación arqueolóxica da Muralla.

En canto aos detalles técnicos desta intervención, a Xunta informou de que permitirá consolidar o monumento, dado que se eliminarán as filtracións de humidades e a acumulación de auga nos muros interiores.

Ademais, procederase < strong>escavación manual arqueolóxica do adarve e da escaleira localizada nese punto da estrutura defensiva ata a cota orixinal romana.

Balseiro afirmou "a escavación permitirá restaurar, documentar e protexer a escaleira, así como impermeabilizar a estrutura do cubo con distintas capas de recheo".

Así mesmo, o seguimento arqueolóxico da obra inclúe a realización de dúas catas, coa finalidade de definir o trazado orixinal do cubo romano, documentar a escaleira, realizar o levantamento topográfico e a fotogrametría 3D da estrutura exhumada.

Comentarios