Os laureados de Santa Rita

A Deputación de Lugo homenaxeou a catorce traballadores xubilados no último ano e recordou a tres falecidos na celebración da patroa dos funcionarios das administracións locais
_PON2653 (1)
photo_camera Homenaxeados, xunto a políticos e asistentes ao acto celebrado o martes na Deputación. XESÚS PONTE

Os traballadores da Deputación de Lugo celebraron este martes á súa patroa, Santa Rita, cun acto que incluíu unha homenaxe a catorce funcionarios xubilados o último ano e un recordo para tres falecidos: Jesús Arrizado, Edita Negrelos e Onésimo Ramiro Bascuas

Os funcionarios retirados aos que se recoñeceu o seu labor foron María Ángeles González Machado, Ángel Ferreiro Trigo, Manuel Gil Otero, Manuel Gómez Fernández, María Elvira Tuñas Dugnol, Antonio Reigosa Carreiras, María del Carmen Rodríguez Fernández, Xoán Carlos Montes Somoza, Jaime Rodríguez Lama, Rafael Alejandro Rivera Cela e Pablo Carreira Uceda.

Pero o encontro, no que se despediu a traballadores dos servizos de Patrimonio, Recadación, Rexistro, Asesoría Xurídica, Tesourería, Vías e Obras, Centrad ou Museo Provincial, foi sobre todo unha celebración da vida e dos valores do compañeirismo.

O presidente da entidade, José Tomé, aproveitou tamén para recordar o papel chave dos traballadores, porque unha institución vale o que valen os seus funcionarios, que son a espiña dorsal, dixo. 

Os políticos pasan, pero os equipos de traballadores permanecen e, con eles, lógrase que a Deputación de Lugo sexa unha institución exemplar, apuntou Tomé.