De Lara ten ata o 9 de decembro para recorrer ante o Supremo a sanción do CGPJ 

A penalización que implicaría a perda de destino no xulgado de Instrución número 1 de Lugo 
Pilar de Lara. ELISEO TRIGO
photo_camera Pilar de Lara. ELISEO TRIGO

A xuíza Pilar de Lara ten de prazo ata o próximo nove de decembro para recorrer ante o Tribunal Supremo a sanción imposta polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) de sete meses e un día por dilacións nas causas que instruíu, unha penalización que implicaría a perda de destino no xulgado de Instrución número 1 de Lugo. 

Así o confirmou o avogado da xuíza, Agustín Azparren, que precisou que a notificación desta sanción produciuse o pasado martes e, xa que logo, o prazo para presentar recurso "seria de dous meses" desde o día seguinte, ata o nove de decembro. 

A defensa de Pilar de Lara recordou que nese recurso de casación sería no que se pediría a medida cautelar de suspensión da execución da sanción, para evitar a perda de destino ata que se resolva. 

Azparren precisou que a súa intención é "esgotar" o prazo de dous meses. "O normal é esgotalo", subliñou, á vez que aclarou que se se pide suspensión de execución do castigo isto podería resolverse a principios do ano que vén, "estariamos a falar de xaneiro", finalizou. 

Comentarios