Lara Méndez visita os traballos de control arqueolóxico do atrio da Catedral

A alcaldesa tamén amosou interese polo estado de conservación e a transcendencia dos restos detectados por un xeorradar na zona 
Lara Méndez durante a visita. CEDIDA
photo_camera Lara Méndez durante a visita. CEDIDA

A alcaldesa Lara Méndez visitou este venres os achados arqueolóxicos atopados durante as obras de mellora da accesibilidade ao atrio da Catedral, para coñecer de primeira man a evolución das tarefas de control arqueolóxico.

“Trátase dun descubrimento marabilloso, unha sorpresa moi grata que vén a corroborar a riqueza do noso pasado romano, hoxe máis presente ca nunca”, subliñou a rexedora.

Méndez, que estivo acompañada pola concelleira de Gobernanza, Paula Alvarellos, o Deán, Mario Vázquez, así como polo Fabriqueiro do templo e o responsable de patrimonio da Diócese, puido comprobar como se están a desenvolver os traballos que “suporán un antes e un despois para a mobilidade do adro e un avance nese obxectivo conxunto que compartimos de seguir eliminando barreiras arquitectónicas para acadar unha cidade habitable e verdadeiramente integradora”.

A alcaldesa tamén amosou interese polo estado de conservación e a transcendencia dos restos detectados por un xeorradar na zona dos que destacou que son “un achado singular tanto pola natureza dos vestixios como polo interese que esperta este emprazamento".

Comentarios