Lara Méndez pon en valor a "traxectoria" e "solvencia" de Formoso

"Ser alternativa ao PP na Xunta é o gran obxectivo que temos que ter como partido", apuntou
Lara Méndez. XESÚS PONTE
photo_camera Lara Méndez. XESÚS PONTE

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, puxo este mércores en valor a "traxectoria" e a "solvencia" do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, tras coñecerse que optará á Secretaría Xeral do PSdeG, un cargo para o que competirá con Gonzalo Caballero.

Preguntada polo anuncio de Formoso nunha rolda de prensa celebrada este mércores, felicitou ao tamén secretario xeral dos socialistas coruñeses polo "valentía" para aspirar a liderar o Partido Socialista de Galicia.

Ver máis: Valentín González Formoso presentarase ás primarias do PSdeG

Lara Méndez destacou que se trata dunha persoa cunha "traxectoria recoñecida" e unha "solvencia constatable", que "vén do mundo municipal". Así, referiuse á súa traxectoria municipal para asegurar que se trata dun "aval" para Valentín González Formoso.

Todo iso nunha intervención na que considerou necesario "seguir traballando" para ser "alternativa real" de Goberno e "ter a capacidade de gobernar para seguir transformando". "Ser alternativa ao PP na Xunta é o gran obxectivo que temos que ter como partido", apuntou.

Comentarios