Lara Méndez, disposta a "acoutar o gasto", sempre que non mingüe a calidade do traballo municipal

A alcaldesa de Lugo confía en reestablecer esta semana os contactos con Lugonovo e o Bloque
Lara Méndez posa con los bomberos que estaban en el parque cuando fue a las instalaciones
photo_camera Lara Méndez posa con los bomberos que estaban en el parque cuando fue a las instalaciones

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, avanzou que a mediados desta semana restablecería os contactos con Lugonovo e o BNG de face á formación do novo goberno municipal e, aínda que non ve ningunha liña "infranqueable" na postura trasladada por ambos os partidos, si avanzou que non renunciará aos medios necesarios para formar un equipo "funcional e eficaz".

Méndez, en relación coa intención manifestada por Lugonovo de reducir considerablemente o gasto asociado á propia corporación local, subliñou que non está disposta a "minguar a calidade" do traballo municipal. "Son das que pensa que para facer un traballo hai que dispor de infraestruturas, de medios e, sobre todo, tes que ter dedicación para poder realizalo. Do noso traballo vai depender a xestión municipal, co cal, aí non vou escatimar", engadiu a alcaldesa, en declaracións recollidas pola axencia Efe.

Aclarou, no entanto, que unha das súas premisas será "acoutar o gasto o máximo posible", pero "tendo en conta que pasamos de ser tres a seis forzas" na corporación local.

Comentarios