Lara Méndez: "Canto máis se divida o voto da esquerda, máis opcións ten a dereita"

A rexedora lucense ha feito estas declaracións en Santiago de Compostela, onde acudiu para asistir este venres á presentación do I informe Demográfico presentado polo Eixo Atlántico
Lara Méndez, este viernes, durante la firma. TWITTER
photo_camera Lara Méndez, este venres, durante a presentación do I informe Demográfico. TWITTER

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, avisou de que "canto máis se divida o voto da esquerda" nas próximas eleccións autonómicas, "máis opción ten a dereita de perpetuarse no poder".

A rexedora lucense, do PSDEG, fixo estas declaracións en Santiago de Compostela, onde acudiu para asistir este venres á presentación do I informe Demográfico presentado polo Eixo Atlántico.

"Cando hai moita división, efectivamente fracciónase moitísimo o voto. Hai moitas opcións lexítimas á hora de presentarse a unhas eleccións, pero que logo non logran esa representación. é un voto inútil", dixo Méndez. Por iso, continuou, "a esquerda debe axuntar esforzos". 

"Estamos nun momento no que nos xogamos moito. Nos últimos quince anos Galicia non avanzou en ningún ámbito, nin no económico nin en infraestruturas nin no ámbito territorial nin na potenciación do ámbito rural", considerou.

E, segundo o seu criterio, "en sanidade e educación, non só non melloramos, senón que temos un retroceso".

"Estamos nun momento no que Galicia ten que tomar a decisión de avanzar e de buscar o progreso, non quedarnos estancados", insistiu

Comentarios