Lanzan pintura á sede da Federación de Caza e fan gratifis no bar que hai debaixo

Todo isto ocorre despois do incidente entre unhas activistas e un cazador en Castro de Rei

Sede da Federación Galega de Caza, en San Roque. EPA fachada da sede lucense da Federación de Caza foi atacada con pintura e na parede do bar situado xusto apareceu un grafiti coa frase: "Se tocan a unha tocan a todas, cazadores asasinos". 

O suceso prodúcese tras o incidente en Castro de Rei no que un cazador fixo un disparo ante a presenza de animalistas.

A tensión entre partidarios da caza e adversarios intensificouse nas últimas semanas en toda Galicia. Os campionatos de caza de raposo ou a polémica pola presenza de xabarís na cidade de Lugo son algunhas das cuestións de fricción entre ambos os posicionamentos.

Comentarios