A Xunta distribúe material de emerxencias entre 24 municipios de Lugo

O obxectivo é "dotar aos voluntarios de Protección Civil do material adecuado para que poidan desenvolver o seu traballo do xeito máis efectivo e eficaz posible"

A Xunta de Galicia distribuíu 21 vehículos, unha embarcación e diverso material de urxencias entre 24 municipios da provincia de Lugo nos últimos meses, unhas entregas que se verán completadas nas próximas semanas para que todos os concellos conten coas dotacións previstas.

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, afirmou que a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que dirixe Alfonso Rueda, quere "dotar aos voluntarios de Protección Civil dos diversos municipios de Lugo do material adecuado para que poidan desenvolver o seu traballo do xeito máis efectivo e eficaz posible".

Arias precisou que entre o material entregado figuran 14 todoterreos, 7 furgóns, 8 remolques de urxencia, 7 esparcidores de sal e fundentes, unha embarcación e unha carpa de urxencias.

Tamén aclarou que as entregas aínda non terminaron, porque "a día de hoxe continúase dotando de equipamento aos voluntarios de varios municipios e moi pronto veremos completadas as dotacións previstas".

Comentarios