A Xunta destina 500.000 euros para equipar o Auditorio de Lugo

Esta partida específica forma parte do total previsto de 3,6 millóns para acondicionar a instalación tras o acordo alcanzado co Concello
Exterior del nuevo auditorio de Lugo
photo_camera Exterior del nuevo auditorio de Lugo

O anteproxecto de lei de actuacións de apoio ao crecemento económico e ao reforzo do gasto social, debullado por Alberto Núñez Feijóo este xoves tras o Consello da Xunta e que prevé accións por case 230 millóns de euros, recolle unha partida específica de 500.000 euros para o Auditorio de Lugo. 

"O compromiso de equipar o Auditorio de Lugo non ten volta atrás unha vez que chegamos a un acordo co Concello. Imos entregar a Lugo en 2018 un dos mellores auditorios que temos en Galicia. Veremos se logo somos capaces de que teña actividade, pero desde logo por Auditorio non vai quedar", indicou Núñez Feijóo.

O investimento nesta fase, explicou Feijóo, é de medio millón de euros dun total previsto de 3,6 millóns, aproximadamente. Este ano a Xunta espera executar ese medio millón para adxudicar o equipamento. "Se podemos gastar medio millón, gastámolo; se podemos gastar máis, gastarémolo", aclarou o presidente da Xunta, que apuntou que non se trata dun crédito pechado e que iso dependerá do nivel de execución.

En marzo produciuse o acordo entre Xunta e o Concello, que exonerará á Administración autonómica do pago do Ibi polos centros sanitarios da cidade, a cambio do financiamento para equipar o novo auditorio, cifrado en 3,6 millóns de euros. O que non hai aínda é unha data para a apertura da nova instalación.

Comentarios