lunes. 17.01.2022 |
El tiempo
lunes. 17.01.2022
El tiempo

A plantación de 35 árbores pecha a recuperación do parque de Rosalía

Trabajos de plantación de los nuevos ejemplares, este martes
Trabajos de plantación de los nuevos ejemplares, este martes
O Concello empezou este martes a colocar as novas especies. Tamén se instalarán 131 en zonas verdes e rúas

A plantación de 35 novas árbores pechará o proceso de recuperación do parque Rosalía de Castro, iniciado coas obras para cambiar a entrada, construír a nova cafetería e rehabilitar pezas como a fonte, o mapa ou a pérgola.

A colocación dos novos exemplares comezou este martes e está previsto que eses traballos se desenvolvan durante este mes e o próximo, que resultan ser os adecuados para estas plantacións. As especies son moi numerosas, xa que salvo excepcións contadas só se planta un exemplar por especie.

Durante o proceso de rehabilitación do Parque foi preciso desfacerse dalgunhas árbores moi antigas que se atopaban en mal estado e que podían resultar perigosas. Coa incorporación das novas especies aumentarase a zona de sombra do principal parque da cidade.

O plan de plantación que manexa o Concello non só inclúe traballos no Rosalía, senón que tamén prevé a reposición nas zonas verdes da cidade de 87 árbores e nas rúas, 47, o que supón un total de 131 no conxunto de Lugo.

A plantación de 35 árbores pecha a recuperación do parque de Rosalía
comentarios