lunes. 25.05.2020 |
El tiempo
lunes. 25.05.2020
El tiempo

A xoguetería Centroxogo despídese de Lugo tras 20 anos

A tenda de xoguetes, pechada. XESÚS PONTE
A tenda de xoguetes, pechada. XESÚS PONTE
A cadea pontevedresa, que mantén unhas 30 tendas en Galicia e Portugal, pechou a da capital lucense a principios desta semana

Continúa o goteo de locais comerciais que pechan as súas portas no centro histórico da capital lucense. O último establecemento en dicir adeus foi o da firma de xoguetes e disfraces Centroxogo, que se despedía a principios desta semana, unha vez finalizada a mellor campaña de vendas do ano para o sector, o Nadal.

Esta ampla tenda -os locais con máis demanda son de menor superficie que este-, abriu as súas portas ao público fai uns 20 anos na céntrica Rúa do Progreso. Facíao no mesmo emprazamento no que na segunda metade do século pasado permaneceu, durante décadas, a ferraxería do grupo empresarial lucense Hijos de Demetrio Álvarez.

Na porta de entrada hai un cartel, no que se advirte de que o local «permanecerá pechado» e no que figura o teléfono de atención ao cliente que ten a empresa para que se poida realizar calquera xestión que poida quedar pendente.

REDE DE TENDAS. Esta cadea pontevedresa de tendas de xoguetes, constituída fai 30 anos, conta cunha trintena de establecementos distribuídos por Galicia, nas provincias da Coruña e Pontevedra, e, sobre todo, por Portugal, onde ten presenza desde principios deste século en Lisboa, O Porto, Garda e Algarve, entre outras zonas.

A empresa galega, que hai anos tamén contou cun establecemento na localidade lucense de Burela, está a apostar decididamente por a venda online dos seus produtos, tanto de xoguetes como de disfraces. Esta é unha liña de negocio ao que están abocados este e outros segmentos do comercio.

A xoguetería Centroxogo despídese de Lugo tras 20 anos
comentarios