Josito Pérez, único candidato de Podemos á alcaldía de Lugo, obtén un respaldo do 95%

A formación morada aclara que as papeletas definitivas serán o resultado do acordo ao que se chegue coas forzas aliadas

Josito Pérez, nun mitin en 2015. AEP
photo_camera Josito Pérez, en un mitin de En Marea en 2015. AEP

Podemos elixiu esta semana os seus candidatos para as municipais e na cidade de Lugo, onde só se presentou unha candidatura con Josito Pérez á fronte, este tivo un respaldo do 95,5%. Dos 111 votos emitidos, 106 foron a favor e cinco en branco. Os candidatos para acompañalo que tiveron máis apoio foron a delineante Begoña Pedrouzo; Fe González, desempregada actualmente, e Pedro Castro, exsindicalista.

Podemos aclara que as papeletas definitivas serán o resultado do acordo ao que se chegue coas forzas aliadas, en virtude ao acordo estatal con EU e Equo. En Lugo, EU xa elixiu o seu candidato, o concelleiro, Carlos Portomeñe, e non constan avances para unha candidatura única.

Comentarios