Josefina Palmeiro deixa tras de si un ronsel de "sinxeleza e solidariedade"

Natural de Castroverde, presidía a Alianza de Jesús por María e era delegada episcopal en varias áreas
Josefina Palmeira. EP
photo_camera Josefina Palmeira. EP

Lugo chora a morte de Josefina Palmeiro Ferreiro, que faleceu na madrugada deste Domingo de Ramos aos 83 anos de idade e a causa do coronavirus. Tamén o fai o seu municipio natal, Castroverde, onde ata hai pouco residía coas súas dúas irmás na súa casa familiar da parroquia de Bolaño.

Delegada episcopal de Apostolado Seglar, delegada episcopal de Misións e membro da delegación de Pastoral Vocacional, Josefina Palmeiro era presidenta da Alianza de Jesús por María, onde este domingo a recordaban como unha persoa "sinxela, solidaria, sempre envorcada no traballo polos demais e en facer o ben".

A triste noticia da súa morte estendeuse como un clamor polas redes sociais e a súa entrega foi correspondida por numerosas mensaxes de recordo e apoio. Josefina Palmeiro era, ademais, unha activa colaboradora na vida da súa parroquia natal, onde organizaba a celebración das festas do Sábado de Gloria ou Vixilia Pascual, ademais de formar parte da xunta directiva da comunidade de montes.

O sacerdote de Castroverde, Nicolás Susena Presas, recórdaa "dende neno, sempre implicada en distintas iniciativas". Tamén o párroco da Fonsagrada, Miguel Ángel Álvarez, quixo recordar a xenerosidade da súa casa "sempre coas portas abertas".

Josefina tamén foi voluntaria e colaboradora na igrexa de strong<> A Nova de Lugo, e traballadora incansable no comedor de San Froilán e en Cáritas.

SITUACIÓN FAMILIAR. Coa morte de Josefina Palmeiro, Castroverde despídese así da primeira persoa falecida a causa do Covid-19 de que se teña constancia. Palmeiro vivía xunto ás súas dúas irmás, que neste momento atópanse hospitalizadas no Hula e no hospital Ollos Grandes. A traballadora que as coidaba continúa illada e sen síntomas, pero sen que se confirmou o seu positivo.