José de Cora: "Os meus 40 libros en 40 anos son seccións de xornal"

O escritor e xornalista celebra as súas catro décadas publicando cunha mostra de exemplares na librería Balmes de Lugo
José de Cora, este jueves en la librería Balmes
photo_camera José de Cora, este jueves en la librería Balmes

José de Cora leva publicando libros desde 1975. Eses corenta anos correspóndense con outros tantos libros poden verse nunha mostra na librería Balmes , de Lugo, na que estivo este xoves o director xeral de El Progreso, xornalista e escritor, para facer unha reflexión sobre a súa traxectoria.

"Os corenta libros que publiquei nestes corenta anos son como seccións de xornal", indica o autor, para especificar que hai entrevista, en Homes de Fole  (Sept, 1983), e hai crónica política, en Ideoloxías para un rei (Aguaribay, 1975) ou en Barreiro contra Barreiro (Xerais, 1990).

Non faltan a sección de Lugo, con Guía de Lugo. Visible e invisible (O Progreso, 2014) e hai humor, na Enciclopedia morada (1980), en Cen paxaros en man  (Edicións do Castro, 1983) e en Manual do perfecto político (Espasa Calpe, 1991). Incluso está representado o calendario, co volume Calendario de Galicia (O Progreso, 2002). 

"Agora estou coa sección de Sucesos", chancea José de Cora en relación coa serie sobre crimes cometidos na provincia de Lugo que vén publicando neste diario e que abarca desde o asasinato de Ibáñez ata a actualidade. 

A exposición non é un final, senón unha parada, porque José de Cora continúa escribindo e xa ten unha novela preparada.

Comentarios