José Antonio García será o número dous de Elena Candia na Deputación

A presidenta presenta ao seu equipo, no que Mari Teijeiro será a segunda vicepresidenta e Juan Carlos Armesto, portavoz

A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, presentou este sábado a repartición de cargos entre os deputados do PP, que consolida ao anterior alcalde de Sarria, José Antonio García, como o seu home forte.

O político sarrián ocupará a vicepresidencia primeira, tal e como adiantaba este sábado El Progreso.

Tamén se confirma que a concelleira do PP en Lugo Mari Teijeiro será outro dos seus piares, xa que ocupará a vicepresidencia segunda. Queda igualmente confirmado que o primeiro tenente de alcalde do Saviñao, Juan Carlos Armesto, será o portavoz do grupo de goberno. Será viceportavoz o mariñán Demetrio Salgueiro.

Durante a presentación á prensa, Elena Candia insistiu no seu defensa da transparencia e na súa "folla de ruta", independente da posibilidade de que PSOE e BNG unan os seus votos (13) nunha moción de censura para desaloxar ao PP (12 deputados) da presidencia.

Comentarios