Jonathan quere "monetizar" os seus vídeos

Mentres a Policía segue investigando o accidente, o condutor trata de sacarlle rendibilidade económica
jpor
photo_camera Os memes sobre o caso son abundantes nas redes sociais. EP

Desde que estampou o seu turismo recentemente estreado contra o valo de Obras Públicas na madrugada do pasado sábado, Jonathan N.S. non parou de gañar seguidores en Instagram, pasando duns 2.000 a máis de 4.300. O mozo, de 22 anos, tamén ten unha canle de Youtube e o martes solicitou aos internautas que se subscribisen para poder "monetizar" os seus vídeos, é dicir, alcanzar os subscritores necesarios para que Youtube lle pague.

Nas redes sociais proliferan os memes con Jonathan N.S. como protagonista

Mentres o condutor accidentado intenta sacar tallada da súa fazaña —e a Policía mantén aberta a investigación sobre o suceso—, nas redes sociais proliferan os memes con Jonathan N.S. como protagonista.

Por internet circulou incluso o anunciou do Audi A8 que comprou o mesmo día do accidente por un prezo de 2.990 euros, a pesar de que novo comentara na súa conta de Instagram (malotajomijo) que lle había costado 20.000.