John Lennon, a xuízo en Lugo

Dous mozos, un dos cales se chama como o líder de The Beatles, sentarán o vindeiro mércores no banco dos acusados polo furto dunha carteira que contiña 600 euros
Edificio de los juzgados de Lugo, en la Praza de Avilés. SEBAS SENANDE
photo_camera Edificio de los juzgados de Lugo, en la Praza de Avilés. SEBAS SENANDE

John Lennon tería hoxe en día 81 anos. Cumpriunos durante as pasadas festas patronais de San Froilán. O mítico artista de Liverpool segue vivo a través das súas composicións e da ascendencia que tivo sobre os seus incondicionais. Moitos deles incluso bautizaron co seu nome aos seus descendentes, non só en países anglosaxóns, senón tamén en latinoamericanos.

Ese o caso dun mozo suramericano, que chámase como o líder de The Beatles, que o vindeiro mércores se terá que sentar no banco dos acusados do xulgado do penal número 2 de Lugo para dar conta do delito de furto do que lle acusan. Se non fose polo peculiar nome deste procesado, o caso pasaría desapercibido mediáticamente.

Este mozo latinoamericano enfróntase a unha solicitude de condena de 12 meses de prisión porque hai catro anos conduciu o coche no que se fuxiu co seu particular Yoko Ono, un mozo magrebí chamado Faisal, unha vez que este presuntamente furtase unha carteira. O botín ascendeu a 600 euros.

Cando o autor do furto subiuse ao coche no que lle esperaba ao volante John Lennon, a vítima intentou suxeitalo, sen éxito, e esta caeu ao chan, sufrindo erosións nun dedo dunha man e nun xeonllo.

John Lennon e Faisal emprenderon entón a fuxida, pero non o fixeron pola londiniense Abbey Road que protagonizou un álbum da banda británica de rock, senón polas rúas da capital lucense.

DEPORTACIÓN. Se a Fiscalía solicita 12 meses para John Lennon, o seu compañeiro de fatigas sae peor parado. Reclámalle seis meses máis de cárcere, pero como se atopaba en situación irregular en España cando presuntamente cometeu o furto propón que esa pena privativa sexa substituída pola expulsión do territorio nacional e a prohibición de regresar durante cinco anos.

Os procesados deberán ademais indemnizar conxunta e solidariamente á vítima cos 600 euros que contiña a carteira que presuntamente lle furtaron e con outros 210 polas lesións que sufriu ao caerse cando intentaba reter ao raspiñeiro, segundo a petición do ministerio público.