Jesús Piñeiro, condecorado coa Cruz ao Mérito Militar que concede Defensa

O intendente xefe da Policía Local de Lugo foi recoñecido pola estreita colaboración deste corpo coa Subdelegación de Defensa e as Forzas Armadas
Jesús Piñeiro Santos, intendente jefe de la Policía Local de Lugo. XESÚS PONTE
photo_camera Jesús Piñeiro Santos, intendente jefe de la Policía Local de Lugo. XESÚS PONTE

O Ministerio de Defensa concedeulle ao intendente xefe da Policía Local de Lugo, Jesús Piñeiro Santos, a Cruz ao Mérito Militar con distintivo branco, a proposta da Subdelegación de Defensa.

Este recoñecemento que se lle outorga "en atención aos méritos e circunstancias" que concorren no máximo representante da Policía Local de Lugo e pola "excelente colaboración e apoio" deste corpo tanto á Subdelegación de Defensa como ás Forzas Armadas.

A alcaldesa Lara Méndez, que mantivo este martes a habitual reunión semanal co intendente xefe da Policía Local, felicitoulle persoalmente pola concesión desta medalla e enxalzou a labor que desempeña ao fronte deste corpo.

“Dende o seu nomeamento é manifesta a melloría que experimentou o servizo, froito tamén da incorporación de máis medios e efectivos e da cobertura dos postos de mando pero, sobre todo, do excelente traballo de quen os lidera e asume a súa organización nun clima de diálogo e entendemento permanente non só co propio Concello senón tamén, a nivel colaborativo, co resto de forzas de seguridade que operan non municipio e na provincia”, afirmou a alcaldesa.

Jesús Piñeiro (Lugo, 1961), que leva máis de tres anos á fronte da Policía Local de Lugo, xa recibiu varias condecoracións desde que ocupa este cargo, como o ingreso na Orde do Mérito Civil ou a Cruz do Mérito da Garda Civil con distintivo branco.

Comentarios