Os xabarís volven pasear por Lugo, esta vez en Garabolos

Un pequeno grupo foi visto na Fonte da Medusa

Jabalíes en Garabolos. EP
photo_camera Xabarís en Garabolos. EP

Parece que os xabarís, ao ser sábado pola noite, decidiron dar unha volta por Lugo. Unha máis. Esta vez pola zona de Garabolos. Xa empeza a ser un costume que estes animais merodeen pola cidade coma se fora o seu hábitat natural.

Aínda que esta vez non chegaron ata a muralla, como o fixo outro grupo hai unhas semanas, si se plantaron en plena urbe. De seguir con esta dinámica, os pubs do centro terán que preparar combinados especiais para gustos porcinos.

Chama a atención a insistencia destes xabarís de internarse no asfalto, cando a súa actividade se centra principalmente en fozar na terra.

O grupo que esta fin de semana entrou en Lugo estivo un intre no céspede que rodea a Fonte da Medusa, en Garabolos.

A pesar de que a escena empece a ser frecuente, non deixa de ser rechamante. Os condutores que pasaban no momento polo lugar, facíano con coidado para evitar accidentes.

Comentarios