Os xabarís, en campaña: animalistas piden aos candidatos que rexeiten "a súa matanza"

Colectivos esixen aos partidos que rexeiten as medidas da Xunta

Los destrozos del jabalí son evidentes. SEBAS SENANDE
photo_camera As desfeitas do xabaril en Lugo. SEBAS SENANDE

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber dirixíronse publicamente aos candidatos á Alcaldía de Lugo para que se comprometan, se chegan ao goberno local nas eleccións do 26 de maio, a suspender "a matanza de xabarís" no entorno periurbano da capital lucense.

Ambos os colectivos piden "un compromiso claro" por parte das "candidaturas chamadas a obter representación na corporación lucense" para pór "fin a unha medida innecesaria e inútil".

De feito, os colectivos animalistas pídenlles aos futuros membros da corporación municipal que "rexeiten as medidas da Xunta" porque existen "accións non letais para afastar aos animais ou para recolocalos, se se dese o caso".

En cambio, nestes momentos, "a Xunta, coa colaboración do Concello e da Deputación de Lugo, instalou gaiolas que serven para capturar e sacrificar aos suidos" e incluso avalou "que se fagan batidas en zonas de seguridade, en lugar de apostar polas medidas xa testadas noutros municipios", lamentan.

Comentarios