viernes. 21.01.2022 |
El tiempo
viernes. 21.01.2022
El tiempo

Ir ao tren e acabar nun autobús

XXX
Los viajeros afectados por la suspensión de un tren, llegando en bus a la estación de Lugo. ADRA PALLÓN
Viaxeiros lucenses volveron sufrir este luns o problema da falta de maquinistas na liña de Lugo e quéixanse do abandono nun momento no que o ferrocarril é a solución á crise climática
 

A falta de maquinistas volveu provocar este luns que lucenses que compraran un billete para viaxar en tren acabasen facendo o percorrido en autobús. O problema repítese cada vez con máis frecuencia e, segundo denuncian os propios maquinistas, os pagáns da situación son os viaxeiros das liñas da Galicia interior, os que viaxan de Ourense a Lugo e de Ourense a Santiago polo Carballiño, sobre todo.

O problema deuse este luns cun tren que debía viaxar de Ourense a Lugo. Os viaxeiros, uns 30, non só tiveron que facer o traxecto en bus, é que ademais chegaron con máis dunha hora de atraso. Denunciábao Adela Figueroa, presidenta de Adega, que cualificaba de sanguenta o abandono das liñas galegas do ferrocarril.

"Está moi ben que nos comuniquemos con Madrid, pero é un esperpento gastar dous horas e media en viaxar de Ourense a Lugo ou que chegar á Coruña sexa imposible", lamentábase.

Dicía que en plena crise climática, cando o medio de transporte máis viable desde o punto de vista ecolóxico é o tren, os galegos sufran o abandono das liñas.

á chegada do bus á estación de Lugo, os viaxeiros se aprestaron a presentar reclamacións pola situación vivida

O tren é o medio máis seguro, barato e ecolóxico, dicía a activista ambiental e escritora, que opinaba que "a Lugo lle vai a vida" na consecución dun tren digno e defendeu que a solución é que a Xunta reclame as competencias en materia de tren para poder asegurar as liñas interiores que comunican a comunidade.

á chegada do bus á estación de Lugo, os viaxeiros se aprestaron a presentar reclamacións pola situación vivida. No caso de Figueroa, recordaba que non é a súa primeira mala experiencia co tren. Hai un tempo, por exemplo, un convoi que debía deixala en Lugo a medianoite e que procedía da Coruña acabou chegando ás tres da madrugada. Pero, a pesar das malas experiencias, cre que Lugo non pode renunciar ao tren e que é hora de batallar.

Ir ao tren e acabar nun autobús
comentarios